XILOTECA | UVIGO
XILOTECA | UVIGO

Madeira
Parte sólida das árbores cuberta pola cortiza, no caso da xiloteca é una peza de madeira onde podemos observar a cor e mais a forma.

Frondosa
Para definir o que é una frondosa é necesario entrar en termos de botánica. De xeito xenérico, pódese afirmar que as frondosas son especies de folla ancha.
As frondosas, coñecidas tamén como anxiospermas, cuxo nome provén do grego e científicamente coñécese como Angiospermae, son plantas con flores ( aínda que non sempre se corresponden a idea común que todos temos dunha flor), producen sementes, encerradas e protexidas pola parede do ovario (carpelos) que, despois, convértense nun froito. Conforman o grupo máis extenso do seu tipo na natureza, e están formadas por plantas herbáceas, arbustivas ou arbóreas; p. ex. carballo e castiñeiro.

Conífera
Trátase dunha árbore ou dun arbusto: pertence ao grupo das ximnospermas de follas persistentes, en forma de agulla ou escamas, o seu froito é en forma de cono, e as súas ramas presentan un contorno cónico; p. ex., o ciprés ou o piñeiro.

Escola de Enxeñaría Forestal | Campus Universitario | 36005 Pontevedra | xiloteca@uvigo.es