XILOTECA | UVIGO
XILOTECA | UVIGO

Derivados da madeira

Taboleiros
O taboleiro é unha peza de madeira plana, alargada e rectangular, de cargas paralelas, por isto temos un amplo número de productos con propiedades e aplicación moi variadas, empregado na construcción de barcos, casas, pontes, etc.

Encolados estruturais (Lamiados)
A madeira lamiada encolada estrutural consiste en elementos estruturais formados polo encolado de láminas de madeira paralela ao eixo das láminas. O espesor destas láminas estará comprendido entre os 6 e os 45 milímetros e, polo xeral, utilizaranse especies de coníferas.

Madeira reconstituida
A denominación madeira reconstituida engloba varios produtos de uso estrutural en forma de perfís con sección rectangular que están fabricados con chapas, tiras ou labras de madeira encoladas que se orientan segundo a dirección lonxitudinal do perfil e ás que se aplica calor e presión.
Os perfís son produtos nos que predomina a súa lonxitude fronte ás dimensións da sección transversal. Fabrícanse directamente coa sección final, pero noutros casos córtase á medida desexada.

Composites
A madeira composite é un material de alta durabilidade en exterior e que non require de mantemento para a súa conservación. Permanece inalterable co tempo sen necesidade de pinturas, vernices nin aplicación de aceites.
Trátase dun composto entre fibras de madeira e polímeros, polo que a súa aparencia estética é como a madeira tradicional pero a base polimérica confírelle resistencia a sol, auga, choiva, xeadas e cambios bruscos de temperatura. Non se agreta, podrece nin astilla.

Pavimentos e revestimentos
Capa lisa, dura e resistente de asfalto, cemento, madeira, lastras ou outros materiais con que se recubre o chan para que estea firme e llano.

Outros derivados, o contrachapado, o aglomerado, fibras…

Escola de Enxeñaría Forestal | Campus Universitario | 36005 Pontevedra | xiloteca@uvigo.es